28 octubre 2006



GRUPO G - 26/10/2006 - Roberto Carballo

Artigo: “Metodología y antecedentes del grupo de trabajo” de Roberto Carballo Cortiña

Resumo

Bion afirma que os grupos humanos parten dun suposto emocional onde predominan as emocións sobre o afán de coñecer (funcionan por impulsos). Eses grupos emocionais pódense subdividir en tres categorías:

  • Ataque-fuga: baseados na xerarquía ou no poder autoritario, como o exército
  • Dependencia, fundados sobre unha ideoloxía, como a igrexa, non teñen memoria
  • Emparellamento, movidos pola idealización, non viven no presente
Mediante o adestramento, estes grupos poden evolucionar a un grupo sofisticado de traballo ou grupo de coñecemento, que respecte a experiencia, sinte e vive o presente e planifica o futuro.
  • Esta práctica grupal ten que apoiarse no coñecemento mutuo dos membros do grupo e na información sobre os obxectivos e as tarefas.
  • Os roles de monitor - director e observador deben ser rotativos
  • A metodoloxía científica aplicable é a de proba - erro e de crítica inter - subxectiva
  • Debe completarse cun sistema de valores explícito (respecto, positividade, conciencia dos límites, método científico, non monopolio e continuidade
  • Aínda que a duración do grupo debe ser limitada no tempo, hai que manter o setting da tarefa
Recomendacións:
  • se non hai obxectivos, o primeiro é formulalos
  • o líder debe ser o propio grupo (o grupo non é monopolio de ninguén)
  • aproveitar os problemas para crear oportunidades (aprender, participar, relacionarse)
  • ter traballo e tarefas é o que permite a eficacia e a eficiencia
  • a preparación (información e coñecemento) reduce a tensión (cambiar obrigados polo contorno produce sufrimento)
  • renovar o grupo produce beneficios (tan mala é a excesiva mobilidade como a inmobilidade)
  • mesturar amizade e traballo non sempre é positivo (“contrólase ao inimigo; ao amigo, non”)

"Innovar non é crear superheroes, senón desenvolver as capacidades de cada un"

Diagnóstico do traballo en grupo (resumo do traballo en grupo desenvolvido ata agora):

  • Información (fan falta datos) e Comunicación (para recoñecerse hai que coñecerse)
  • Importancia do observador, leva a memoria do grupo (lembra as tarefas de cada quen)
  • Os “namoramentos” fan perder a racionalidade (hai que odiar para desenamorarse)
  • Hai que establecer canles de comunicación multilaterais (weblog, email, ...)
  • Ir a formas mixtas de traballo (división do traballo para cousas rutineiras e traballo innovador e en equipo para ter flexibilidade)
  • Integrar ao elemento novo, dándolle tarefas (a primeira podía ser a de observador)
  • O grupo fai líderes polas cualidades e pode cambiar de líder segundo a habilidade que faga falta
  • Limitar a duración do grupo: a renovación comeza por arriba (novos obxectivos)
  • A cohesión constrúese no propio grupo, hai que crear redes de interconexión
  • Fomentar a heteroxeneidade, a rotación dos roles, os recursos de multi - comunicaciónç

Repaso (o traballo en grupo é unha árbore):

  • Raíces->Valores (conciencia dos límites, responsabilidade, sentido, compromiso, respecto, contraste, positividade)
  • Tronco->Método (observación, dirección, itinerario, acción e avaliación)
  • Pólas->Técnicas (grupos de traballo e grupos de discusión)
  • Follas->Características (contorno, heteroxeneidade, comunicación, participación, información, duración)

No hay comentarios.: