20/10/2006 - Enrique Varela - GRUPO ETitoría e seguimento de proxectos - MISIÓN E VISIÓN
A xornada ten tres obxectivos: establecer claramente a misión é a visión de cada unha das nosas unidades, reunión individual co coordinador do curso para establecer o proxecto estratéxico individual e, por último, xuntanza co grupo de eReading para a posta en común do resumo das lecturas.
Antes de nada lemos o artigo “La misión estratégica” de David Arellano Gault
A MISIÓN ESTRATÉXICA
A misión pode ser vista desde unha dobre perspectiva:

- Marco que condiciona a dirección dentro dunha grande liña de acción. Sen embargo, establecer que é unha imposición equivale a dicir que a organización está suxeita a complexos elementos da realidade nun estreito espazo de manobra
- Guía global para a planificación. Neste caso, impor un esquema de planificación ríxido que profetiza o que vai suceder é impensable nunha sociedade plural e dinámica
Pero, pensar estratexicamente é un propósito obxectivo e non ilusorio que vai desde o factible ao posible. Así, a misión define a inserción da organización nunha realidade a que axudamos a construír, contén un desexo valorativo do propósito xa que o real-obxectivo desdóbrase na praxis e o proxecto, nun equilibrio onde a perspectiva do ideal que se busca, funciona na dinámica real. É un pensamento estratéxico dirixido á creatividade, á imaxinación, á procura de alternativas innovadoras con realismo, potenciando o posible nun proxecto de construción intencional da realidade.A misión é, daquela, unha imaxe desexada que busca parámetros de viabilidade baseados na reflexión
Por unha banda, esixe sistematizar os fins implica unha nova perspectiva de quen toma decisións xa que na administración non adoitamos a abrir a discusión respecto dos fins
Por outra, a misión é unha construción valorativa para comprometerse cos valores establecidos.
Deste xeito, falamos de construír a realidade posible dentro do factible, desde unha perspectiva de viabilidade xa que resolve problemas obxectivos aos que ten que enfrontarse
Para facer viable un fin, é imprescindible o diálogo e a discusión aberta e plural do propio fin ou misión. Na práctica pode axudar un método de coñecemento grupal (Delphi, Electra, chuvia de ideas, desenvolvemento organizacional, grupos expertos, etc..). Tratamos de darlle ás organizacións un centro psíquico que pretende recuperar os valore e as crenzas que permiten reconstruílas como entes poderosos e sinérxicos. Hai que facer entender aos grupos de interese ou stakeholders a dinámica da toma de decisións da organización coa finalidade de que actúen de xeito responsable e informado.
En resumo, a decisión estratéxica require entender que as estratexias están definidas por factores humanos: sen incluír os valores humanos redúcense as posibilidades de éxito.
METODOLOXÍA PARA O DESEÑO DA MISIÓN ESTRATÉXICA
Partimos dun posicionamento estrutural. A misión é a exposición xeral da natureza e propósitos dunha organización ou unidade administrativa. Proporciona sentido e unifica a organización ao redor dun fin xeral. ¿Cál é a denominación do servizo? ¿qué produtos / servizos proporciona? ¿para quén se dirixen?
O segundo punto de posicionamento é o conxuntural. Hai que coñecer exactamente, formal e informalmente (as regras informais como os valores, a cultura, o liderado, o conflito e o poder son intrínsecas á organización), o que as autoridades externas lle requirirán facer (ou non facer). ¿Cál é o ámbito de actuación da organización? ¿En qué sistema económico, político, social, cultural se desenvolve? ¿Cáles son as principais tarefas que se levan a cabo?
A VISIÓN ESTRATÉXICA
É a meta ou punto final ao que a organización se debe dirixir. Como visión estratéxica é unha idea guía que inflúe emocional e animicamente nos esforzos da organización para encontrarse co futuro desexado. É a idea que une á xente nun proxecto común, máis alá do carisma do seu líder.
Supón proxectar a unidade ou o servizo varios anos cara adiante. Formular avances desexados a medio e longo prazo. ¿Cómo vemos o servizo dentro duns anos? ¿Quén serán os nosos clientes? ¿En qué nos queremos converter como produtores-provedores de servizos?
A visión é unha imaxe do éxito en termos de contribución á sociedade. A falta de visión é a primeira razón pola que fallan os plans estratéxicos. A visión contribúe ao éxito, une, inspira compromisos e enfócaos cara a acción.
O PROCESO DE CREAR: UN EXERCICIO NA FORMACIÓN DA VISIÓN

- Partimos dunha chuvia de ideas do comité de planificación sobre o que busca a organización no futuro
- Pódense dividir os participantes en grupos para xerar creatividade
- Preguntar sobre o que debería cambiar da comunidade, o rol que debera ter a organización, a idea do que sería o éxito (metáfora da organización ou retrato do éxito)
- Buscar áreas de acordo entre os grupos, unha linguaxe común para relatar a propia visión do éxito.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario