GRUPO C: ANÁLISE E AVALIACIÓN DAS POLÍTICAS PÚBLICAS Conferencia de Pilar Luaces 28-09-2006
Entendida unha política pública como un conxunto estratéxicamente planificado de accións de diversa índole (recursos humanos, orzamentaria, lexislativa, accións de servizo, etc.), o obxectivo da análise pública responderá ás seguintes preguntas:
- Se debe intervir?
- Como orientar a intervención?
- Durante que tempo?
- Que coste conleva?
- Quen se beneficia?
- Que impacto terá?
Ciclo de políticas públicas:
1 Definición de problemas (cúales, dimensión, causas, a quen afecta, evolución se non se actúa, etc.). Os problemas pódense definir como unha necesidade insatisfeita, circunstancia ou feito susceptible de mellora e sobre os que, o poder público, exerce algunha influencia e que son percibidos como un problema por algún actor.
Os problemas son case sempre, intedepartamentais, subxectivos e artificiais.
2 Formulación de alternativas de solución (plan ao problema, obxectivos e prioridades, alternativas ás metas, riscos, beneficios, costes, alternativa de mellores resultados con menos efectos negativos, etc.)
Nesta fase é importante determinar a situación problemática. Para iso, é básico obtener información sobre a definición dos problemas. Podemos utilizar as técnicas cuantitativas e cualitativas, de recollida de información. Posteriormente, é importante simplificar esta información, a través de instrumentos como o análise de xerarquías, o análise de suposicións e os mapas conceptuais.
3 Implementación, indicando os departamentos implicados e os medios humanos, económicos e técnicos.
4 Avaliación e rediseño da política, no seu caso.
Actores que intervén nunha política pública, tanto os individuos como os colectivos.
Podemos asignar os distintos roles dos actores como:
^porteiro (é o que controla e vixila as políticas públicas)
^director
^filtrador (altos funcionarios que avalian se as políticas son posibles)
^promotor (os que impulsan as diversas políticas)
^opositor (os que frenan as diversas políticas)
^mediador (os que buscan vías de consenso e negociación).
19 octubre 2006
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario