21 septiembre 2006

DIRECCI�N INNOVADORA

1 comentario:

Roberto Carballo dijo...

GRUPO C
ANÁLISE E AVALIACIÓN DAS POLÍTICAS PÚBLICAS
Conferencia de Pilar Luaces
28-09-2006

Entendida unha política pública como un conxunto estratéxicamente planificado de accións de diversa índole (recursos humanos, orzamentaria, lexislativa, accións de servizo, etc.),o obxectivo da análise pública responderá ás seguintes preguntas:

- Se debe intervir?
- Como orientar a intervención?
- Durante que tempo?
- Que coste conleva?
- Quen se beneficia?
- Que impacto terá?

Ciclo de políticas públicas:

1 Definición de problemas (cúales, dimensión, causas, a quen afecta, evolución se non se actúa, etc.). Os problemas pódense definir como unha necesidade insatisfeita, circunstancia ou feito susceptible de mellora e sobre os que, o poder público, exerce algunha influencia e que son percibidos como un problema por algún actor.
Os problemas son case sempre, intedepartamentais, subxectivos e artificiais.

2 Formulación de alternativas de solución (plan ao problema, obxectivos e prioridades, alternativas ás metas, riscos, beneficios, costes, alternativa de mellores resultados con menos efectos negativos, etc.)

Nesta fase é importante determinar a situación problemática. Para iso, é básico obtener información sobre a definición dos problemas. Podemos utilizar as técnicas cuantitativas e cualitativas, de recollida de información. Posteriormente, é importante simplificar esta información, a través de instrumentos como o análise de xerarquías, o análise de suposicións e os mapas conceptuais.


3 Implementación, indicando os departamentos implicados e os medios humanos, económicos e técnicos.

4 Avaliación e rediseño da política, no seu caso.

Actores que intervén nunha política pública, tanto os individuos como os colectivos.

Podemos asignar os distintos roles dos actores como:

^porteiro (é o que controla e vixila as políticas públicas)
^director
^filtrador (altos funcionarios que avalian se as políticas son posibles)
^promotor (os que impulsan as diversas políticas)
^opositor (os que frenan as diversas políticas)
^mediador (os que buscan vías de consenso e negociación).