25 septiembre 2006

RESUMO DO ARTIGO “CLIENTE, CALIDADE E PROXECTO DE EMPRESA” Grupo B


Os conceptos de calidade e de empresa, dende sempre aparecen íntegramente ligados na cultura empresarial. A base para obter unha rendabilidade a medio e longo prazo descansa sobre a oferta da calidade dos produtos ou servizos que presta a empresa.

Esa calidade ofrécese ao cliente e é importante identificar ao cliente como a persoa que permite obter a rendabilidade á organización.

Polo tanto, é de suma importancia que a liña empresa-cliente permita transmitir a oferta de calidade.

Para que esta liña funcione non é suficiente a labor da dirección. É preciso que toda a organización participe e se responsabilice dentro das súas áreas e a nivel global de empresa.

Esta é a misión da dirección, conseguir que todas as áreas de traballo desenvolvan unha cultura da calidade e guialas en función da evolución da soiciedade e dos mercados.


O primeiro aspecto que debe considerar a dirección é identificar o entorno e analizar o seu estilo, para así determinar cales son os seus límites ou posibilidades de actuación. Unha vez realizado isto, é fundamental que o proxecto se integre no conxunto empresarial e se establezan unhas boas canles de intercomunicación. A carencia da intercomunicación pode dar lugar a que a visión da dirección non se axuste á realidade debido á demora entre a toma de decisións e a execución.

Un proxecto de empresa moderno ten que enfocarse de cara ao cliente e debe basearse en recoñecer a importancia do cliente e os obxectivos que se desexan alcanzar.


¿Cáles son os pasos para crear un proxecto de empresa?
En primeiro lugar tense que identificar a situación actual, o que se desenvolve e como se fai, cal é o xeito de executar as actuacións. En segundo lugar, diseñar o que hai que facer e poñelo en funcionamento.


Os proxectos de empresa deben incorporar a lo menos tres liñas de actuación en forma de programas:

a) Comunicación: potenciar a participación directa do cliente, contar con él como a persoa á que se dirixen os obxectivos do proxecto.
b) Programa de calidade: que cobra máis sentido dentro dun proxecto de empresa.
c) Programa de análise e diagnóstico: que permite coñecer donde se está e implicar a toda a organización en cada momento.


Como resumo, debemos preguntarnos, ¿Qúe facer para conseguir calidade?

a) Un programa de calidade integrado nun proxecto de empresa.
b) Recoñecemento e valoración do traballo dos membros da organización.
c) Traballar en grupo e fomentar a comunicación oral.

No hay comentarios.: