05 noviembre 2006

GRUPO G - Pontevedra - 03/11/2006 - Emilio Duró Pamies



DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA: O PROCESO DIRECTIVO – LIDERADO

GRUPO G - 03/11/2006 - Emilio Duró Pamies - Pontevedra

O cambio máis importante que ocorre na historia da humanidade é que, a partir de 1.850, aumenta de tal xeito a esperanza de vida que nos esperan unha chea de años, redundantes en termos evolutivos e coa agravante de que a xenética xa non xoga ao noso favor, que non imos ter máis remedio que planificar.

Se a supervivencia se basea en procrear e manterse (vivir ata asegurar a descendencia), ao se incrementar a media de vida, vanse producir dous efectos contrapostos: diminuirá a capacidade de procreación e tería que aumentar, en consecuencia, o tempo que dedicamos ao noso mantemento (coidado da mente e do corpo).

A supervivencia (somos como unha vela que se consume ao arder: respirar es, ao mesmo tempo, vivir e morrer) e a aprendizaxe (ben sexa por intuición, repetición, imitación, por amor ou por conductismo - pracer positivo, por un premio, por dor, …) exixen a intervención das tres partes do noso cerebro: o primario ou reptiliano, encargado do control das funcións vitais que nos permiten sobrevivir, existe en todos os seres vivos e coordina a aprendizaxe herdada; o emocional ou límbico desenvolvido nos mamíferos, que regula as nosas emocións e sentimentos, o sexo, a memoria, … e a aprendizaxe por imitación e, para rematar, o cerebro racional ou do neo-córtex que se encarga da parte da aprendizaxe que ten que ver coa lóxica e a matemática.

O éxito na vida provén de facer o que un debe facer (non o que se quere facer) e de pór paixón no vivir. A emoción de vivir mantennos novos. Ademais, o rendemento no traballo é función do coeficiente de optimismo. Ser felices co noso traballo vén de dispor da autonomía suficiente para que o noso traballo dependa de nós e do que sexamos capaces de aportar aos demáis. E isto non é cousa de rir, porque se somos felices no traballo, teremos felicidade en grande parte da nosa vida.

A medicina (e a psicoloxía) evoluciona, deixando de estudar a enfermidade (as depresións) para estudar a saúde (a xente feliz). A felicidade depende de factores xenéticos, da nosa primeira infancia (basicamente de cero a tres anos, onde as emocións, como o medo ao fracaso ou ao rexeitamento, teñen especial importancia), do contorno que nos rodea e, como non, das decisións que tomemos. Pódese predicir o éxito que teremos na vida. De feito, o que se inviste en “gastos de mantemento” recupérase en felicidade.

Ao longo da nosa vida, pasamos por unha serie de etapas: a pseudo-seguridade da infancia (de cero a tres años), onde buscamos culpables de todo o que nos ocorre, a etapa dos 3 aos 18 / 21 anos na que a inmadureza vai, pouco a pouco, abríndose á responsabilidade (responder con habilidade) e a madurez, onde pomos o foco de control do noso acontecer no noso interior (“a miña vida depende de min, ¿qué podo facer para que cambie?”). Tamén hai persoas biolóxicas ou re-activas (non biográficas ou pro-activas), que seguen pensando na sorte e buscando culpables, que viven no pasado e non no presente, que se queixan e non fan nada porque “eles son así”. Coidado co pesimismo que se contaxia máis rápido que o optimismo.

As primeiras raíces desenvólvense na infancia (corremos o risco de que os nenos sexan incapaces de expresar os seus sentimentos - alexitímicos - e incapaces de superar os atrancos). Logo, na primavera, aprendemos dos demais: “non se pode ser creativo, sen copiar primeiro”. Na madurez del verán, fíxanse os obxectivos, sabemos o que queremos e debemos intentalo. Coidado co que desexas, que sempre se cumpren as expectativas, se pos paixón nelas: hai que ter dúbidas, pero actuar. Ollo co outono: podemos ser “moi importantes” e non ser “felices na casa”. E, para o inverno, unha reflexión: envellecer é malo, pero a alternativa é peor.

Estamos preparados para sobrevivir, pero non para vivir. Coñecerse, controlarse e auto-motivarse son as claves do éxito.
  • ¿Cómo quero ser? Aprender a esquecer, saber des-aprender: vencer o medo ao fracaso e ao rexeitamento. O medo produce infelicidade
  • ¿Qué quero da vida? Aprender a visualizar: planificar cara ónde queremos ir. “Hai que crelo, para velo”
  • ¿Qué podo facer? Aprender dos demais: imitar ás persoas que triunfan. Apaixonarse: loitar por algo.
  • ¿Qué espera a vida de min? Facer compatible o éxito persoal co colectivo. Adquirir bos hábitos (un hábito adquírese en 21 días). Facer o que se debe facer. Se sabes por qué vivir, saberás cómo facelo: escolle as túas propias metas.

As metas permiten darlle un sentido á nosa vida. Poden ser xenéticas (adquírense antes de nacer: desde os -9 meses), sociais (desenvolvidas na etapa límbica – de 0 a 3 anos e cortical - de 3 a 6 anos) e persoais (confíguranse desde os 6 anos: etapa de adquisición dos primeiros valores: ata 9 anos, a primavera da vida ou adolescencia, ata os 21 – 23 anos, onde se prioriza a amizade e o sexo; o verán, ata os 40 anos no que se busca o poder, el outono ou crise dos 40, e a vellez ou inverno). O ideal é acadar un equilibrio entre a saúde, os amigos, a familia e o traballo: volver a construír fogares felices. Gozar de boa saúde e mala memoria (non te amarres á historia, deixa que actúe o teu potencial).

Non existen valores ou metas iguais para todos. Un médico novo pode desexar ser investigador (coñecemento), médico privado (diñeiro) ou xefe de hospital (poder). Podería querer despois, ser médico de aldea (tradición), funcionario público (harmonía) ou médico sen fronteiras (beneficio social). A partir dos tests de intereses persoais, actitudes e valores pódense explicar as nosas metas, o que axuda a entender por qué facemos as cousas. Ademais, revisar as nosas experiencias axuda a saber qué podemos facer e analizar o noso comportamento permítenos entender cómo nos comportamos no ámbito do traballo.

Tampouco existe unha única forma de intelixencia (para a estabilidade dunha parella é ideal coincidir en valores pero complementarse en capacidades e habilidades): lóxico-matemática, viso-espacial (estética, protocolo, modais), corporal-cinestésica (actividades físicas), existencial-filosófica, musical, naturalista e, as máis importantes, a intra-persoal e inter-persoal. Por unha banda, o cerebro límbico maniféstase nas persoas emotivas; mentres que o racional fai o propio nos individuos reflexivos. Pola outra, dise que o cerebro esquerdo ou yang controla as ciencias e a linguaxe, os números, a orde, a razón, o sistemático, a cabeza, somatiza na parte ventral e produce introversión e medo ao fracaso; mentres que o cerebro dereito ou ying goberna as humanidades, o artístico, o sentido do ritmo, o intuitivo, o corazón, somatiza no tórax e xera extroversión e medo ao rexeitamento. Estas dobre influencia, pódese medir cos tests de perfil persoal e de análise de comportamento, como por exemplo o test DISC, que clasifica ás persoas en catro categorías: D (dominancia ou verán: extrovertida e reflexiva), I (influencia ou primavera: extrovertida e emotiva), S (estabilidade ou outono: introvertida e emotiva) e C (conformidade ou inverno: introvertida e reflexiva).

En resumo, non se pode facer o mesmo de sempre e esperar que a vida cambie: a felicidade no racional vaise sustentar no equilibrio saúde – familia - traballo e amigos; mentres que no emocional vai esixir máis exercicio físico (coidarse para ter enerxía e non renderse), relaxación (flexibilidade) e descanso (dedicarse tempo); máis amigos, conversas, máis mostras de cariño (sociabilidade, extroversión e sensibilidade), e celebralo todo (fóra a imaxinación negativa: non nos agoniemos imaxinando, hai que cantar e bailar e ter unha actitude mental positiva)

No hay comentarios.: