GRUPO E - XESTIÓN PÚBLICA: DA IMITACIÓN Á INNOVACIÓN
LES METCALFE
O documento de Metcalfe hai que situalo na necesidade de modernizar a administración americana dos anos 90, caracterizada pola falta de estabilidade (ante un ritmo de cambio vertixinoso) e a operación a través de grupos interdependentes (non independentes) públicos e privados.
A primeira tentación é imitar: aplicar á xestión pública conceptos importados do sector privado. O autor oponse a esta política xerenciada xa que os principios económicos de eficacia e eficiencia só son válidos nunha situación de estabilidade e porque a ética da xestión privada favorece accións independentes e debilita os incentivos para a colaboración.
Para dar maior soporte á súa argumentación, Metcalfe profunda nas diferenzas público-privado. Por unha banda, os bens públicos son cualitativamente diferentes dos individuais, ao pertencer a unha tipoloxía superior; pero ademais, xorde (ata na xestión privada) un concepto máis amplo de eficacia onde a adaptabilidade ante situacións inesperadas, aínda que menos eficiente, permite ser máis efectivos.
A eficacia da xestión pública baséase en coordinar organizacións que son autónomas (descentralizadas, para mellorar a súa efectividade), pero funcionalmente interdependientes (centralizadas, para favorecer a súa mutua coordinación).
A responsabilidade neste tipo de xestión vai máis aló dun simple proceso de control xa que non se trata dun proceso de estabilización senón un proceso de cambio en circunstancias adversas. Nunha contorna cambiante, a xestión responsable guíase pola experimentación, a aprendizaxe e a innovación. Como a necesidade é a orixe da invención, a reforma da xestión pública poderá efectuarse de forma orixinal e innovadora, sen imitar á xestión privada. O obxectivo convencional de buscar a eficacia débese reemplazar con modelos baseados na lóxica da aprendizaxe. Por unha banda, buscamos a elasticidade que permite dar unha resposta efectiva a cambios nos obxectivos políticos ou nas circunstancias da contorna. Por outra, trátase de crear sistemas de responsabilidade para un uso eficaz do poder (incentivar a produción de resultados efectivos).
Innovar é máis que un cambio dentro do sistema, supón modificar as regras do xogo, o papel de cada unidade e a interacción organizacional. Este macro-proceso implica unha dinámica non espontánea: o interese público non é responsabilidade específica de ninguén. A tarefa é desenvolver institucións e procesos que prioricen o marco estructural. Iso esixe a cooperación, a dedicación e o compromiso desde de todos: delegar a innovación nun único decisor é tan perigoso como deixala en mans das organizacións individuais.
Conclúe dicindo que crear as capacidades de macrogestión require elevados investimentos, pero é un prezo inferior ao do custo de errar na resolución dos problemas estructurales e ao do beneficio que se xera ao solucionalos.
Como comentario, podemos indicar que a dicotomía centralización - descentralización que suscita Metcalfe, non é, en absoluto, privativa do sector público; senón que se trata dun asunto absolutamente transcendente na xestión privada, onde mantén unha extraordinaria vixencia.
15 noviembre 2006
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario